Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

Crear unha conta

Imaxe
 Despois de leer a entrada anterior e ter en mente toda a responsabilidade que se ten ao crear unha conta de galipedia, procederemos á explicación de cómo se fai.  É moi doado e esta explicación irá acompañada de capturas para unha maior comprensión do proceso.   Comezamos abrindo a páxina da galipedia. No menú que ten na parte superior atopamos unha opción que di "Crear unha conta", temos que entrar nela. Levaranos a cubrir o típico cuestionario de ingreso. Na parte superior do cuestionario podemos ver unha opción que di "axudádeme a elixir".  Esta ligazón levaranos ata unhas recomendacións para crear a conta. Unha vez estea o cuestionario cuberto, dámoslle a continuar e se todo estaba correcto xa teremos a nosa conta creada. Aquí abaixo, a miña compañeira Paula deixará as imaxes que acompañan á explicación para que comprendades moito mellor.

Antes de crear unha conta...

Imaxe
É moi importante percatarse da responsabilidade que supón crear algo para un ben común, algo que van a observar todos e que non pode estar escrito de calquera maneira. A galipedia é unha enciclopedia na web onde podes atopar todo tipo de información para a axuda nos traballos, coñecementos persoais, cultura xeral, etc. Como é algo á vista de todos hai que ter coidado de cómo escribimos e é necesario seguir un código común para todos os colaboradores da galipedia. Desta maneira todo está escrito coa mesma letra e coa mesma posición do texto. As imaxes sempre teñen que estar á dereita. Tamén hai que empregar citas e fontes para o recoñecemento da persoa que ten os datos. E , no caso das fotos deben ser de o rixe propia, sacadas pola p ersoa que as vai subir, non podemos col lelas de internet se as persoas ás que as fotos pertencen non nos dan permiso. Á hora de subir unha imaxe ou publicar un artigo con texto é moi importante ter todo iso en conta . H ai persoas que lle dedican

Introducción

Boas! Somos un grupo de rapazas que decidimos como proxecto iniciarnos na galipedia para que haxa máis artigos en galego. Mediante este blogue imos publicar as nosas sabidurías sobre este campo tanto en versión escrita como visual. Pensamos que este proxecto é moi necesario na nosa sociedade xa que na galipedia hai moi poucos artigos, que son moi necesarios, tanto por cultura xeral como para a documentación de traballos. A parte do traballo de crear artigos, ao realizar a versión visual queremos mellorar os nosos coñecementos sobre o eido da informática. Ademais neste blogue tamén imos dar a coñecer a cultura galega e os grupos musicais da nosa terra do momento.