Antes de crear unha conta...

É moi importante percatarse da responsabilidade que supón crear algo para un ben común, algo que van a observar todos e que non pode estar escrito de calquera maneira.
A galipedia é unha enciclopedia na web onde podes atopar todo tipo de información para a axuda nos traballos, coñecementos persoais, cultura xeral, etc.
Como é algo á vista de todos hai que ter coidado de cómo escribimos e é necesario seguir un código común para todos os colaboradores da galipedia. Desta maneira todo está escrito coa mesma letra e coa mesma posición do texto. As imaxes sempre teñen que estar á dereita. Tamén hai que empregar citas e fontes para o recoñecemento da persoa que ten os datos. E, no caso das fotos deben ser de orixe propia, sacadas pola persoa que as vai subir, non podemos collelas de internet se as persoas ás que as fotos pertencen non nos dan permiso.
Á hora de subir unha imaxe ou publicar un artigo con texto é moi importante ter todo iso en conta. Hai persoas que lle dedican moito do seu tempo á galipedia para que todo estea en orde e poidamos ampliar os nosos coñecementos. Estas persoas están continuamente mirando e corrixindo todo o que se sube, e se somos prudentes e correctos non é tanto o traballo a facer pola súa parte.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Placa altimétrica

FOTO EN ARTIGO

Cómo por unha ligazón?