Cómo por unha ligazón?

Comecemos por algo fácil como é pór unha ligazón. As ligazóns sérvennos para non ter que molestarnos en escribir por exemplo a explicación dunha palabra que a xente ao mellor non recoñece e non sabe o que é. Mediante a ligazón poderemos acceder a outra páxina onde se explique perfectamente a palabra da que descoñecemos o significado. Máis tarde podemos voltar á páxina inicial do artigo sabendo xa ó que se refire con esa palabra e non queda todo como unha chapuza na páxina na que se  está a explicar outra cousa nin temos que repetir, os que facemos artigos, a información cen veces. 
Dito esto, empecemos coa explicación de como se pon:
Isto é moi sinxelo, o único que precisamos é poñer entre corchetes o nome do artigo ao que queremos que nos leve que é o mesmo que a palabra que queremos poñer na páxina. Un exemplo, [[Coristanco]] se queremos que a partir da palabra Coristanco nos leve a información sobre este lugar. Pero se queremos poñer unha palabra no texto pero o artigo ao que nos leva ten outro nome debemos facer o seguinte. Poñemos primeiro entre corchetes, como antes, o nome do artigo e despois poñemos unha barra á continuación da cal poñeremos a palabra que queremos que apareza no artigo. Un exemplo, [[chuvia|chuviosas]]. No artigo aparecerá a palabra "chuviosas"  que mediante unha ligazón nos levará ao artigo co nome de "chuvia".
Por último dicirvos que pór ligazóns é moi importante. Aforra traballo para vós e tamén queda moito máis claro para a persoa que estea a leer o artigo.
Espero que se entendera todo e non fora de dificil comprensión. Calquera dúbida, preguntade nos comentarios e vémosnos no seguinte artigo no que explicarei cómo poñer unha referencia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Placa altimétrica

FOTO EN ARTIGO