Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

FOTO EN ARTIGO

Imaxe
Boas, que tal? Eu moi ben! Hoxe veño cun artigo que en certa medida está ligado ao anterior. Como ben expliquei nese, ese artigo xa estaba na páxina persoal da miña compañeira pero paseino a esta porque é donde temos tódala información e para que o puidesedes ver, leer e analizar antes de escribirvos este. Como ao mellor ben comprobástedes, o artigo anterior sérvenos para subir a nosa foto á galipedia pero se o que queremos é poñer esa foto nun artigo e por eso a subimos, non está explicado e iso é para o que servirá este artigo: para poñer a foto, subida anteriormente  a Commons como se explica no artigo anterior, no artigo que desexamos. 1.O primeiro paso é acceder coa nosa conta á galipedia. Se non a temos podemos creala . Na palabra "creala" tendes unha ligazón para crear a vosa páxina de galipedia, se non a tendes. E nesta ligazón , tendes uns consellos a seguir no momento de creala.  2. O segundo paso e escribir o artigo ao que queres ir para subir a foto. Eu

Como subir imaxes a Commons?

Imaxe
 Este é un artigo que a miña compañeira Patricia publicou  no seu blog persoal , trasládoo ata aquí para que o miredes se non o fixestes na súa páxina e para que vos axude a comprender o próximo artigo. Ahí vos vai! "O obxectivo deste proxecto é conseguir que haxa fotos na Galipedia dos lugares de Coristanco que non teñen, e para iso temos que empregar Commons. Nesta ligazón deixovos a páxina donde se accede directamente para subir as fotos. Vou facer un exemplo de cómo se subiría unha imaxe das que saquei para a conta de Instagram  dun horreo moi importante en Cereo Vello (Cereo). Esta fotografía ademáis de aparecer na conta ,tamén está a formar parte do proxecto dunhas compas para realizaren un triptico de Coristanco.    Clicando nas imaxes deste artigo, podedes amplialas! :)     Entramos na ligazón que deixei anteriormente para acceder a Commons  e na esquina superior dereita creamos unha conta ou entramos na nosa se xa dispoñemos dunha.