Como subir imaxes a Commons?


 Este é un artigo que a miña compañeira Patricia publicou  no seu blog persoal, trasládoo ata aquí para que o miredes se non o fixestes na súa páxina e para que vos axude a comprender o próximo artigo. Ahí vos vai!
"O obxectivo deste proxecto é conseguir que haxa fotos na Galipedia dos lugares de Coristanco que non teñen, e para iso temos que empregar Commons. Nesta ligazón deixovos a páxina donde se accede directamente para subir as fotos. Vou facer un exemplo de cómo se subiría unha imaxe das que saquei para a conta de Instagram dun horreo moi importante en Cereo Vello (Cereo). Esta fotografía ademáis de aparecer na conta ,tamén está a formar parte do proxecto dunhas compas para realizaren un triptico de Coristanco.  
Clicando nas imaxes deste artigo, podedes amplialas! :)
 


Entramos na ligazón que deixei anteriormente para acceder a Commons  e na esquina superior dereita creamos unha conta ou entramos na nosa se xa dispoñemos dunha.  



 Como podemos observar é bastante sinxelo crear unha conta, posto que case non pide datos para facela.  Se xa estamos na nosa conta, encontrámonos na portada donde aparecen elementos como a imaxe do día ou o ficheiro multimedia do día. Como os queremos subir unha foto temos que clicar en "subir un ficheiro" que se encontra no menú da esquerda dentro de PARTICIPE


Unha vez esteamos en "subir un ficheiro" aparécenos uns consellos útiles para contribuír á Wikipedia Commons . En resumo conclúe en que se poden subir as túas obras orixinais pero non se poden subir as de outra persoa sen o seu permiso. Se aínda tes alguna dúbida podes pulsar na imaxe que rodeo na captura que aparece a continuación.

Posteriormente de este paso, chega o momento de seleccionar a(s) túa(s) foto(s). Para eso debes premer no único botón que aparece e subir o elemento desexado.  


 A posteriori aparecen os dereitos de liberación, que xa falamos ao principio de que se era a túa obra si que podias subila  mentras se non era túa o/a autor(a) tiña que dar o seu permiso. 


De seguido apartece a fase de descripción da foto. Tes que poñerlle un título a foto, como sería por exemplo nesta "Hórreo en Cereo Vello". A continuación debes escribir unha breve descripción do arquivo que vas a subir, despois hai que decir a data de creación , que neste caso sería o 11/05/17 xa que foi o día no que se sacou a foto. Para finalizar tes que escoller  unha categoría na cal se poida incluír o teu arquivo.






Parabéns, xa contribuíches con información moi valiosa á Galipedia! 



Espero que vos servise para algo este titorial. Se queredes contrubuír con fotos podédesnolas mandar a @galicoris en Instagram, esperamos cos brazos abertos. Moitas grazas de antemán!"

 E ata aquí! Creo que a miña compañeira o explicou todo perfectamente e que agora sabedes como se suben as fotos. Cando xa levas un tempo coa conta, actívaseche unha opción para subir fotos máis fácilmente pero por agora basta con saber esta. Máis adiante farei un artigo para explicar a outra forma.
Vémonos no seguinte artigo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Placa altimétrica

FOTO EN ARTIGO