Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

Descargar unha imaxe de instagram

Imaxe
Como xa saberedes, a nosa conta de Instagram está feita para que a xente nos mande fotos de Coristanco e posteriormente se suban á galipedia ao ser de dominio público, volvo a recalcar que as imaxes teñen que ser de dominio público ou cunha licenza CC-BY-SA para poder publicalas. Pois comezamos! 1- Escollemos a foto que queremos descargar e abrímola. 2- Logo imos á barra de navegación e vemos un link como este : "https://www.instagram.com/p/BSWR1ISlGns/?taken-by=galicoris". 3- Se nos fixamos na última parte podemos ver esto "?taken-by=galicoris " que imos eliminar. 4- Unha vez que o borres vai quedar algo así " https://www.instagram.com/p/BSWR1ISlGns/" . Agora ao final da última barra engadimos " media/?size=l" . 5- Ao estar así aparece a imaxe en tamaño real na que podemos facer zoom. Se prememos no botón dereito podemos gardar a imaxen. Pois xa teriamos a imaxe para subir á Commons , e se non sabedes como facelo

Placa altimétrica

Sabedes o que é unha placa altimétrica ? Pois iso é o que aprenderemos neste novo artigo. Imos alá! Unha placa aritmética é unha placa que ten cada concello e na que podemos ver datos como a latitude ou a lonxitudede deste. Todos no voso concello tedes unha, animádesvos a mandarnos unha foto dela?  Aquí vos deixo a do meu concello para que poidades saber cómo é. Se vos animades, sacádelle unha foto á vosa e enviádenola a galicoris para poder colaborar cun proxecto de galipedia e conseguir ter todas as placas aritméticas. Un saúdo!

Un pouco de cultura!

Imaxe
  Como xa dixeramos na introducción neste blogue ademáis de falar da galipedia tamén queremos   dar a coñecer a cultura galega e os grupos musicais da nosa terra do momento, posto que non están moi visualizados. Aquí deíxovos uns poucos grupos galegos que actúan actualmente: 1 .Para comenzar vouvos a falar dos eternos Heredeirios da Crus, xa que son unha referencia obrigada da música galega. Os Heredeiros da Crus son unha banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90. Caracterizáronse polo seu uso da variante do galego local (gheada, seseo) no seu rexistro máis popular, chegando ás veces ao castrapo, e polas súas letras a ritmo de rock setenteiro   2. A SES   vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social como en temas como o machismo ou as desigualdades sociais 3

Cómo poñer unha cita a un libro?

"Na Wikipedia, cómpre citar as fontes para axudar ao lector a verificar os contidos do artigo e a atopar máis información. As citas son unha parte importante de calquera artigo da Wikipedia, xa que serven para identificar as fontes acreditadas nas que se basea. Na maioría dos casos, as citas sobre pezas específicas de información contida no artigo achéganse en forma de notas ao pé. Estas citas aparecen numeradas ao longo de todo o corpo do artigo e reciben o nome de citas en liña co texto. A política de verificalidade da Wikipedia esixe estas citas en liña cando haxa algún material cuestionable ou suxeito a selo, e para todas as citas textuais. Con todo, aconséllase aos editores engadir referencias para calquera material engadido."  A veces para completar os nosos artigos podemos utilizar libros que conteñan esa información que queremos. Esta información pódese poñer na galipedia pero é necesario mencionar o libro da que a collemos para non levarnos un mé

Crear unha páxina de galipedia

Cousas para ter en conta Non crees varias páxinas cos mesmos contidos . No canto diso, escolle o nome máis habitual e así conseguirás que se alguén fai unha procura cun dos outros nomes vaia parar ata o nome elixido polo editor da páxina. A páxina non pode quedar illada , hai que poñer ligazóns para ampliar da mellor maneira posible a información. O título debe ser claro e o máis sinxelo posible.   Non está permitido crear páxinas sobre un mesmo ou sobre un amigo , páxinas promocionais , ensaios persoais ou calquera outro tipo de artigo que non atoparías nunha enciclopedia. Tampouco se poden copiar materiais con dereitos de autor ou con textos conflitivos , é dicir, textos que teñan dono ou textos que provoquen conflito. O contido debe estar verificado, é dicir, debe ter unha páxina que respalde a información do correspondente. Durante a construción do artigo    Despois da creación do artigo, de seguro que haberá que facer moitas edicións polo que cómpre e é recomenda

Lista lugares sen artigo

O prometido é débeda, e neste artigo tráiovos a lista ó completo de todos os lugares de Coristanco que non teñen artigo. Esta é unha oportunidade para plasmar os vosos coñecementos sobre a galipedia e animarse a crear algún artigo. Moita sorte e espero mensaxes con obxectivos cumplidos!! LISTA LUGARES DE CORISTANCO SEN ARTIGO NA GALIPEDIA: CPI Alcalde Xosé Pichel, sen artigo:  https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=CPI_Alcalde_Xos%C3%A9_Pichel&action=edit&  redlink=1 Cerrapio, sen artigo:  https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_Cerrapio,_A_Agualada,_Coristanco&action=edit&redlink=1 O Cubo, sen artigo: h ttps://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_Cubo,_A_Agualada,_Coristanco&action=edit&redlink=1 A Custoia, sen artigo: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Custoia,_Xavi%C3%B1a,_Coristanco&action=edit&redlink=1 A Fieiteira, sen artigo: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Fieiteira,_A_Agualada,_Corista