Descargar unha imaxe de instagram

Como xa saberedes, a nosa conta de Instagram está feita para que a xente nos mande fotos de Coristanco e posteriormente se suban á galipedia ao ser de dominio público, volvo a recalcar que as imaxes teñen que ser de dominio público ou cunha licenza CC-BY-SA para poder publicalas. Pois comezamos!

1- Escollemos a foto que queremos descargar e abrímola.


2-Logo imos á barra de navegación e vemos un link como este :"https://www.instagram.com/p/BSWR1ISlGns/?taken-by=galicoris".


3- Se nos fixamos na última parte podemos ver esto "?taken-by=galicoris" que imos eliminar.

4- Unha vez que o borres vai quedar algo así "https://www.instagram.com/p/BSWR1ISlGns/". Agora ao final da última barra engadimos "media/?size=l".


5- Ao estar así aparece a imaxe en tamaño real na que podemos facer zoom. Se prememos no botón dereito podemos gardar a imaxen.


Pois xa teriamos a imaxe para subir á Commons , e se non sabedes como facelo recordovos que temos un artigo explicándoo. Espero que vos sirva!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Placa altimétrica

FOTO EN ARTIGO

Cómo por unha ligazón?