Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

Cómo por unha ligazón?

Comecemos por algo fácil como é pór unha ligazón. As ligazóns sérvennos para non ter que molestarnos en escribir por exemplo a explicación dunha palabra que a xente ao mellor non recoñece e non sabe o que é. Mediante a ligazón poderemos acceder a outra páxina onde se explique perfectamente a palabra da que descoñecemos o significado. Máis tarde podemos voltar á páxina inicial do artigo sabendo xa ó que se refire con esa palabra e non queda todo como unha chapuza na páxina na que se  está a explicar outra cousa nin temos que repetir, os que facemos artigos, a información cen veces.  Dito esto, empecemos coa explicación de como se pon: Isto é moi sinxelo, o único que precisamos é poñer entre corchetes o nome do artigo ao que queremos que nos leve que é o mesmo que a palabra que queremos poñer na páxina. Un exemplo, [[Coristanco]] se queremos que a partir da palabra Coristanco nos leve a información sobre este lugar. Pero se queremos poñer unha palabra no texto pero o ar

Cómo funciona a galipedia?

Imaxe
Unha vez temos creada a nosa conta xa poderemos contribuír coa galipedia para ampliar a súa información. NOTA: Sabedes quen fai a galipedia, maioritariamente? Un grupo dunhas 30 persoas que lle dedican moito do seu tempo para que todo estea correcto. Hai que ter respecto por esas persoas.   Antes de comezar a modificar artigos e crealos é moi importante ter unha certa habilidade á hora de moverse e desenvolverse na galipedia. Neste artigo vouvos a explicar algúns dos máis básicos que son necesarios para comezar a nosa aventura pola galipedia.  Para modificar artigos o que debemos  saber principalmente é utilizar uns códigos e unhas ferramentas.  Comezamos entrando no artigo que se desexa modificar. Supoñamos que é "Coristanco". Ten que haber un menú de opcións na parte superior que poña "editar a fonte", prememos en dita opción e xa podemos comezar a modificar o texto. Agora vou a explicar para que sirve cada ferramenta do menú de ferramentas. Estas o