Cómo funciona a galipedia?

Unha vez temos creada a nosa conta xa poderemos contribuír coa galipedia para ampliar a súa información.
NOTA: Sabedes quen fai a galipedia, maioritariamente? Un grupo dunhas 30 persoas que lle dedican moito do seu tempo para que todo estea correcto. Hai que ter respecto por esas persoas.
  Antes de comezar a modificar artigos e crealos é moi importante ter unha certa habilidade á hora de moverse e desenvolverse na galipedia. Neste artigo vouvos a explicar algúns dos máis básicos que son necesarios para comezar a nosa aventura pola galipedia.
 Para modificar artigos o que debemos  saber principalmente é utilizar uns códigos e unhas ferramentas.
 Comezamos entrando no artigo que se desexa modificar. Supoñamos que é "Coristanco". Ten que haber un menú de opcións na parte superior que poña "editar a fonte", prememos en dita opción e xa podemos comezar a modificar o texto. Agora vou a explicar para que sirve cada ferramenta do menú de ferramentas.


Estas opcións seguro que  xa a maioría as coñecedes pero aínda así vounas a explicar un pouco.
A primeira de todos serve para poñer un determinado texto en negrita, a segunda para poñelo en cursiva. As seguintes ferramentas son para adxuntar archivos ou fotos ou para poñer referencias. As seguintes ferramentas non son tan necesarias a excepción da de axuda donde podemos resolver todas as nosas dúbidas. Nesta opción podemos aprender cómo subir imaxes, cómo meter ligazóns... Pero prefiro explicar eu tamén todo isto e que quede moi claro polo que dedicarei un artigo para cada unha das cousas indispensables que debedes saber utilizar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Placa altimétrica

FOTO EN ARTIGO

Cómo por unha ligazón?