Un pouco de cultura!

 
Como xa dixeramos na introducción neste blogue ademáis de falar da galipedia tamén queremos  dar a coñecer a cultura galega e os grupos musicais da nosa terra do momento, posto que non están moi visualizados. Aquí deíxovos uns poucos grupos galegos que actúan actualmente:

1.Para comenzar vouvos a falar dos eternos Heredeirios da Crus, xa que son unha referencia obrigada da música galega. Os Heredeiros da Crus son unha banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90. Caracterizáronse polo seu uso da variante do galego local (gheada, seseo) no seu rexistro máis popular, chegando ás veces ao castrapo, e polas súas letras a ritmo de rock setenteiro
 
2. A SES  vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social como en temas como o machismo ou as desigualdades sociais
3. Ezetaerre é un grupo de hip hop galego formado na Coruña en 2015.A traxectoria do grupo comezou en xuño de 2015, cando os tres integrantes fixeron unha canción satírica contra a fusión de facultades na Universidade da Coruña    Tiveron a oportunidade de actuar en directo na edición dese ano do Festival Revenidas.
 
4. De vacas , chámanse entre elas Pinta, Marela e Morena e nesta particular gandería vocal aceptaron como músico ao guitarrista Guillerme Fernández. Cun ano de vida, o seu é a versión lúdica, e din que mellorada, de cancións coñecidas en case calquera idioma.  Según eles son un grupo de versións malas

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Placa altimétrica

FOTO EN ARTIGO

Cómo por unha ligazón?